As grandes caídas do Mundial...

África foi a que máis sorpresas deu. Non estarán os Eto´o, Lauren, Wome... Non foron capaces de vencer a Exipto... Empate a un, un penalti no minuto 94´, Wome dispara coa esquerda... eeeeee... o pao! Desta maneira, a selección de Costa de Marfil pode berrar e celebrar por todo o alto a participación no mundial... Ó mesmo que Togo, que logrou deixar fóra do Mundial á selección revelación de Xapón e Corea 2002: Senegal... E seguimos... Nixeria tamén é outra das grandes africanas que queda eliminada, neste caso por Angola... Suráfrica non asistirá tampouco a Alemaña, xa que Ghana gaña unha participación no mundial... Marrocos continúa ausente nos torneos internacionais dende Francia 1998. No seu lugar vai Tunicia...
En Europa, a campiona da pasada Eurocopa non estará. Grecia quedou carta nun grupo moi complicado, no que tamén estaban Dinamarca (otra das grandes ausentes en Alemaña), Turquía (terceira no pasado Mundial) e Ucraína, a cal quedou primeira de grupo, para sorpresa de todos. Romanía non foi capaz de facerse un hoco entre os dous primeiros postos do grupo 1, xa que tiña ante ela a dúas rivais potentes coma a República Checa e Holanda. Rusia quedou fóra no último momento e cedeulle a praza da repesca a Eslovaquia, toda unha revelación. Letonia, aínda que logrou clasificarse á pasada Eurocopa non foi quen de clasificarse no difícil grupo 3. O Eire quedou fóra por un punto, e Suíza logrou a praza de repesca coma cabeza de serie. Eslovenia (unha selección revelación nos últimos anos, co seleccionador serbio Katanec) non foi capaz de clasificarse, tendo a duros rivais coma Italia e Noruega. Escocia intenta reverdecer vellos laureis de Francia 1998, e queda outro ano máis fóra da cita futbolística. Bélxica xa non é coma aquela que quedou cuarta no mundial de México 1986, e non foi capaz de clasificarse no grupo de España, e quedou relegada ó carto lugar, por debaixo de Bosnia. Bulgaria tampouco é a que quedou cuarta no mundial de Estados Unidos 1994, e non puido con Suecia e Croacia no grupo 8.
Por outra banda, China non puido repetir a participación de Corea e Xapón no 2002, e foi eliminada por Uzbekistán, xa na primeira fase. En substitución do xigante asiático vai Irán. Agora só queda por saber os partidos de repesca... Cómo serán?
1 comentario
jr -
Drogba gáñalle a a prtida pola loita do mellor xogador africano.